CRTVG

Buscar

Un aneurisma de aorta, a primeira operación no quirófano híbrido do Álvaro Cunqueiro

Publicado o 05/10/2017 22:33

Primeira intervención no quirófano híbrido do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Trátase dun paciente de 73 anos cun aneurisma de aorta, que evoluciona sen complicacións. Este quirófano conta cun sistema radiolóxico robotizado cunha maior resolución de imaxe que resolve as operacións máis complexas en menos tempo.

Un home de 73 anos foi a primeira persoa que se operou no quirófano híbrido do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. O paciente tiña un aneurisma de aorta abdominal e decidiron intervilo porque superou o tamaño máximo recomendado. Nesta primeira intervención, que durou dúas horas e desenvolveuse sen complicacións, colocóuselle unha endoprótese e o paciente evoluciona favorablemente. O quirófano conta cun sistema radiolóxico robotizado cunha calidade de imaxe inmellorable que permite realizar unha cirurxía máis rápida, precisa e segura.

Nestas novas instalacións, o servizo de Cirurxía Vascular prevé realizar máis de 500 intervencións das 600 que realiza anualmente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/10/2017