CRTVG

Buscar

A muller que intentou matar a parella do seu ex-mozo premeditou o crime influída por series de televisión

Publicado o 03/07/2019 14:21

Primeira noite no cárcere para a muller de 54 anos que intentou supostamente matar a moza da súa ex-parella en Vigo. A detida negouse a declarar ante a xuíza, que decretou para ela prisión provisional sen fianza, polos supostos delitos de intento de homicidio e detención ilegal. A medida tomouse por entender que existe risco de fuga, e para evitar que volva atentar contra a vítima.

Segundo fontes da investigación, a muller premeditou con antelación o crime influída por series de televisión e puxo guantes para non deixar pegadas. Pola súa banda, a vítima segue ingresada nun centro hospitalario de Vigo, recuperándose das feridas sufridas nunha coxa e nun pulso, e cun forte shock emocional.


 

Noticias web

03/07/2019