Primeira gran poxa de centola na lonxa de Burela
Publicado o 05/12/2019 21:01
A centola volve reinar na lonxa de Burela. Tras cinco meses de espera levantaouse a veda achegando numerosas capturas aínda que cun inicio de campaña algo accidentado.
Nesta primeira gran poxa de centola no porto de Burela saíron a subasta 853 quilos e as máis caras vendéronse a algo máis de 25 euros o quilo.
Había gana de centola e iso notábase no ambiente. Veciños, comerciantes e hostaleiros achegáronse a facer as primeiras compras de temporada.
Bogavantes, camaróns ou bois acompañaron ás centolas nestas animadas poxas previas ao Nadal.