CRTVG

Buscar

Comeza a operación saída: viaxes máis curtas polo virus pero cos mesmos controis

Publicado o 03/07/2020 08:34

A operación saída deste verán arranca con incerteza, debido á pandemia, pero cun intenso control nas estradas.

Héctor Teixeiro, Garda Civil de Tráfico, explica que en Galicia haberá máis de 1.000 efectivos controlando as zonas de maior tráfico e vixilando posibles incidencias.

Este verán a DXT prevé un predominio de saídas de fin de semana e de curta duración, así como viaxes de ida e volta a lugares próximos ás cidades. Por iso "vaise reforzar a vixilancia nos traxectos curtos", explica este axente.

Ademais intensifican os controis nas principais vías de entrada a Galicia, como son as autovías, e tamén na AP-9 e na nacional 550, onde agardan que o tráfico sexa máis intenso. E lembran algúns consellos básicos a ter en conta á hora de saír de viaxe.

A operación saída da DXT constará, coma cada verán, de 4 fases. O operativo especial prolongarase ata o 31 de agosto. Dous meses en que tamén se realizarán tres campañas de vixilancia: unha sobre velocidade, outra sobre motos e unha última de alcohol e drogas. Unha volta ao calendario anual, que estivo suspendido durante o estado de alarma.

 

 

Noticias web

03/07/2020