Primeira fin de semana sen estado de alarma e aumentan nun 42% as saídas de Madrid
Día festivo na cidade de Madrid, e oportunidade de escapar da capital, así foi a primeira fin de semana completa sen estado de alarma na Península.
Un destino próximo: Toledo: "Levamos moito tempo sen saír de Madrid e apetecía desconectar un pouco." "Somos de Andalucía pero vivimos en Madrid, sempre vemos Toledo cando pasamos e parécenos precioso" Din os turistas.
Outro destino do bo comer: Donosti. "Somos de Madrid e viñemos pasar aquí a fin de semana gastronómica, que é o que podemos facer. Tivéronos Euskadi pechada moito tempo e hai que gozala." Insisten.
Destino de praia e con sol: Alacante. "Estaba desexando respirar aire fresco e ver a praia un pouco" ou Valencia. "Desde agosto levabamos sen vir e estabámolo desexando porque non sabiamos como tiñamos o apartamento. Atopámolo todo ben."
Máis ó sur, os andaluces enchen as súas praias sen ter que traspasar fronteiras no que eles xa consideran o seu verán. "Fin de semana estupenda, no primeiro día que vimos á praia este verán."
O resto... aínda vemos de lonxe ese verán. Porque en Galicia a culpa de seguirmos coma se estiveramos confinados esta fin de semana de ponte desta volta tena ó tempo.