CRTVG

Buscar

Primeira fase perfecta para a selección de Raquel Carrera e Tamara Abalde

Publicado o 01/08/2021 06:16
Primeira fase perfecta para a selección de Raquel Carrera e Tamara Abalde

A selección feminina de baloncesto fixo a primeira fase perfecta (3 vitorias) e avanza aos cuartos de final como primeira de grupo agardando polo rival do partido chave do torneo. 

Diante de Canadá gañou por 66-76 nun partido que dominou desde o principio. O primeiro cuarto resultou determinante cun parcial de 13-23 que lles permitiu coller confianza e desde entón as xogadoras do galego Lucas Mondelo nunca perderon unha marxe de tranquilidade. Só no segundo cuarto o Canadá inquedou ao poñerse a seis puntos (28-34) pero en ningún momento chegaron a baixar esa diferenza. Ao descanso o marcador era de 34-40 e no terceiro cuarto España pegou outro tirón que xa resultaría o definitivo ao volveren a coller diferenzas de máis de dez puntos (47-60).

Astou Ndour (20 puntos) e Cristina Ouviña (15) foron as máis atinadas. Tamén completou un bo partido Raquel Carrera en 10 minutos na pista nos que achegou 6 puntos e 1 rebote. Tamara Abalde non participou.