CRTVG

Buscar

Primeira derrota da temporada do Breogán

Publicado o 20/11/2020 21:16

O Breogán apañou a primeira derrota da temporada. Entrou frío ao partido o equipo lugués. O primeiro cuarto foi para un Melilla máis intenso e acertado 22-13. Reaccionou o equipo lugués nos últimos 5 minutos da primeira parte ata reducir a diferenza a 6 puntos da man sobre todo de Kevin Larsen. Tiña moito que mellorar o equipo de Diego Epifanio e fíxoo. Empezaron a entrar as triplas que non entraran na primeira parte e o Breogán púxose por diante xa no terceiro cuarto. Pero o partido fóiselles nos últimos 5 minutos cando recibiron un parcial de 16-7 cun Wintering imparable, autor de 31 puntos.

Noticias web

20/11/2020