CRTVG

Buscar

Francia di que a Unión Europea pode prescindir de AstraZeneca

Publicado o 02/04/2021 22:59
Francia di que a Unión Europea pode prescindir de AstraZeneca

A vacina de AstraZeneca segue estando cuestionada. Unha alto cargo do Goberno francés asegurou este venres que a Unión Europea podería prescindir dela a mediados de ano, en canto teña vacinas suficientes doutros laboratorios.

Precisamente en Francia presentouse a primeira demanda para investigar a morte dunha muller de 38 anos que faleceu tras recibir a primeira dose de AstraZeneca. Os Países Baixos anunciaron que suspenden novamente o seu uso en menores de 60 anos ao detectarse novos casos de trombos en persoas novas.

Noticias web

02/04/2021