CRTVG

Buscar

Primeira condena de cadea por corrupción para catro ex-altos cargos da Junta de Andalucía

Publicado o 31/05/2019 13:03

Primeira condena de cadea por corrupción para catro ex-altos cargos da Junta de Andalucía, polo coñecido como caso Umax, derivado da investigación dos ERE. Entre eles está Francisco Javier Guerrero, o principal acusado na causa dos ERE irregulares, e o seu sucesor no cargo, Juan Márquez.

Os catro foron condenados a máis de cinco anos de prisión por crear unha estrutura de contratación paralela na Dirección de Traballo da Consellería de Emprego andaluza.

Noticias web

31/05/2019