CRTVG

Buscar

Previsión de mellora no tempo para os próximos días

Publicado o 08/07/2019 14:47

Arranca a semana con inestabilidade atmosférica. Ceos cubertos, temperaturas moderadas e precipitacións nalgunhas comarcas do interior. De feito, na montaña de Ourense, a Xunta activou a alerta laranxa por tormentas e choiva. Todo isto, en pleno mes de xullo.

Sempre hai opinións para todos os gustos. Hai xente que está encantada con este tempo, pero para os que están agardando polo sol e a calor, hai boas noticias. A partir de mañá, e sobre todo a partir do mércores, agardamos unha mellora notable do tempo.

Alberto Romero, de MeteoGalicia, indica que "a influencia anticiclónica se recupera pouco a pouco e mañá". De acordo coa previsión, os ceos aínda estarán parcialmente cubertos no norte e a suba progresiva dos valores máximos será sobre todo a partir do mércores.

De cara á fin de semana haberá que estar pendentes de como evoluciona a situación. Unha bolsa de aire frío situada ante a costa de Portugal supón unha ameaza para a estabilidade atmosférica. Poderiamos volver atoparnos cun tempo revolto.
 

Noticias web

08/07/2019