CRTVG

Buscar

Prevese moi boa colleita na denominación de orixe do Ribeiro

Publicado o 05/07/2019 14:26

Prevese moi boa colleita na denominación de orixe do Ribeiro. Segundo os viticultores, as condicións atmosféricas favoreceron un excelente estado sanitario da uva, ao contrario dos dous anos anteriores. De seguir así, a vendima será de calidade e cantidade.

Así está hoxe esta uva albariña. Sa e cun crecemento execelente. En moi bo estado están tamén as outras castes autóctonas que se producen no Ribeiro.

Viticultores, colleiteiros e adegueiros da denominación de orixe máis antiga de Galicia, das cinco de viño que temos, agardan moi boa colleita. Queren ser precavidos, aínda quedan máis de dous meses para a vendima.

Pendentes do ceo pero, de seguir así, este ano no Ribeiro haberá moito viño e de calidade.
 

Noticias web

05/07/2019