CRTVG

Buscar

Un de cada catro adolescentes está en risco de "engancharse" ao xogo

Publicado o 27/12/2016 20:56

Aumenta a adicción ao xogo entre os menores de idade. Iso é o que reflicten os resultados dun estudo elaborado en centros de ensino da Coruña

Moito ollo con certas aplicacións dos móbiles ou coas apostas deportivas porque poden converterse nun auténtico pesadelo familiar. Hai estudos que din que un de cada tres adolescentes corre o risco de engancharse, de converterse en adicto ao xogo. Nalgún caso, mesmo xerando débedas astronómicas que chegan por sorpresa á casa.

Centos de xogos competitivos e apostas deportivas a golpe de clic. Esa oferta descomunal téñena na man todos os que posúan un teléfono móbil, unha tablet ou un ordenador, e os menores de idade manéxanse coas novas tecnoloxías bastante mellor que moitos adultos. 

O problema comeza cando do lecer se pasa á necesidade e dela á adicción. Segundo un estudo feito o curso pasado en centros de ensino da Coruña máis do 37 por cento dos 830 adolescentes preguntados están en risco de engancharse a algún destes xogos.

Nesta asociación teñen claro que o problema vai a máis, e botan en falta investigacións máis amplas porque desde os anos 90 non existen datos fiables e globais do problema da ludomanía. Aquí lles chegan os casos extremos.

As novas tecnoloxías, advirten, non poden ser os canguros do século XXI. Por iso aconsellan un control parental similar ao que se fai cos estudos, as amizades ou intereses dos fillos. Ademais, demandan medidas preventivas e de control do xogo por parte das administracións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/12/2016