CRTVG

Buscar

Preto do 40 % dos accidentes que se producen en Galicia son causados por animais

Publicado o 03/01/2019 21:18

Arredor do corenta por cento dos accidentes de circulación que se producen en Galicia son causados por animais, principalmente polos xabarís e nas provincias de Lugo e Ourense. O número deste tipo de sinistros non para de medrar nos últimos anos e converteuse xa nun dos principais factores de risco nas estradas. O ano pasado houbo en Galicia 4.700 accidentes destas características. 

O pasado mes de decembro houbo só na provincia de Ourense unha media de seis accidentes diarios causados por animais soltos nas estradas. O certo é que este tipo de sinistros non parou de medrar nos últimos anos.

As razóns apuntan sobre todo a un incremento da poboación destes animais: cans salvaxes, corzos e, sobre todo, xabarís. A galega é a segunda comunidade autónoma de España, despois de Castela e León, en que se producen máis atropelos de fauna salvaxe.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2019