CRTVG

Buscar

Preto de corenta migrantes rescatados do mar nas últimas horas preto das Illas Canarias e Baleares

Publicado o 11/08/2019 15:58


Preto de corenta migrantes que navegaban en lanchas foron rescatados próximos ás costas das Illas Canarias e as Baleares nas últimas horas.
Un total de 14 persoas foron interceptadas onte cando se achegaban nunha embarcación á illa balear de Formentera. Fontes oficiais apuntan que catro deles eran menores de idade e que procedían probablemente das costas alxerianas.

Por outra banda e segundo a Cruz Vermella, outra lancha con 23 migrantes foi auxiliada ao sur da illa de Gran Canaria horas antes e trasladada ao peirao do concello de Mogán.
No que vai de semana só nas illas de Ibiza e Formentera foron interceptadas 46 persoas que chegaron as costas españolas en pequenas embarcacións.

Noticias web

11/08/2019