CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Preto de cen mortos e ducias de desaparecidos en Tanzania ao afundir un barco no lago Vitoria

Publicado o 21/09/2018 15:26


O naufraxio dunha embarcación en Tanzania deixou preto de 100 persoas mortas. O barco levaba uns catrocentos pasaxeiros a bordo cando só tiña permitido levar cen e afundiu a só cincuenta metros do porto en que ía atracar.



Os equipos de rescate enviados ao lugar retomaron esta mañá os labores de busca das ducias de persoas que seguen desaparecidas tras o naufraxio.

Ambiente.

De momento o número de vítimas elévase a case cen, segundo informaron hoxe as autoridades de Tanzania.

A embarcación cubría o traxecto entre dúas illas do lago Vitoria, o máis grande de África. Segundo as primeiras informacións, levaba unhas catrocentas persoas a bordo, a pesar de que a súa capacidade permitida é de cen.

De momento, descoñécense as razóns do afundimento do barco que se produciu a só cincuenta metros do porto en que tiña previsto atracar.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí