CRTVG

Buscar

Preto de 9.000 persoas optan en Galicia a unha praza en Correos

Publicado o 12/09/2021 14:32

En Galicia preto de 9.000 persoas están convocadas ás oposicións de Correos. Por mor da pandemia, as probas desenvólvense en dúas sedes: Silleda e Lugo. Optan a unhas das 3.381 prazas que se ofertan en todo o estado. Os exames teñen lugar de xeito simultáneo en 32 localidades españolas .

Hai preto de 150 mil persoas inscritas neste proceso no que compiten por facerse cun posto de persoal laboral indefinido na empresa estatal de repartimento. En Silleda, hai 6.803 inscritos e en Lugo 2.000.

Hai probas para cubrir 2.356 postos de repartimento e algo máis de mil vacantes de axentes de clasificación e atención ao público. Unha parte das persoas concorrentes proba sorte en dúas categorías.

Noticias web

12/09/2021