CRTVG

Buscar

Preto de 80 mortos e varios motíns simultáneos en cárceres do Ecuador

Publicado o 25/02/2021 13:02
Preto de 80 mortos e varios motíns simultáneos en cárceres do Ecuador

Xa son preto de 80 os mortos que deixa a vaga de enfrontamentos rexistrados en catro cárceres do Ecuador.

As autoridades informaron de que as matanzas son froito da guerra polo control das prisións en que están implicados seis grupos relacionados co narcotráfico.

Algúns dos presos foron despezados ou decapitados e o Goberno asegura que a situación está xa baixo control.

 

Noticias web

25/02/2021