CRTVG

Buscar

Preto de 70.000 universitarios volven ás aulas galegas cun aumento da formación en liña

Publicado o 21/09/2020 15:51

Volve bulir o campus universitario, aínda que non con tanta forza como anos anteriores. O comezo progresivo das clases e a formación on line reducen o número de estudantes que acoden ás facultades de forma presencial.

O xerente da USC, Javier Ferreira, explica que nos graos a presencialidade será do 20 % e o restante, o 80 %, serán clases virtuais.

Isto é unha novidade importante, tanto para os alumnos que empezan como para os máis veteranos.

Moitas dúbidas que se mesturan coa boa intención de todos: alumnos e docentes. Co único obxectivo de poder desenvolver o curso coas maiores garantías.

Organizada a vida docente, falta por saber que facer no tempo libre. As xuntanzas e as saídas serán reducidas e con máscara.

En total, volven á universidade en Galicia preto de 70.000 alumnos.

Noticias web

21/09/2020