CRTVG

Buscar

Case 60.000 galegos menores de 55 anos, pendentes da segunda dose de AstraZeneca

Publicado o 01/05/2021 19:45

Durante os primeiros meses da pandemia, unha das misións dos bombeiros de Betanzos foi a desinfección periódica do cárcere de Teixeiro. Son traballadores esenciais á espera da segunda dose de AstraZeneca.

Galicia ao redor de sesenta mil menores de 55 anos están nunha situación semellante, agardando saber cando e con que marca completarán a pauta de vacinación.

A Xunta defende que debería ser con AstraZeneca e dentro dos prazos establecidos polo laboratorio e recomendados pola Axencia Europea do Medicamento. O intervalo máximo que fixan entre a primeira e a segunda dose é de doce semanas. A Comisión de Saúde Pública ampliou a dezaséis o lapso entre as dúas picadas. Quere coñecer os resultados do estudo sobre os efectos de inocular a segunda dose coa vacina de Pfizer.

17 sociedades científicas piden que as persoas menores de 60 anos vacinadas cunha soa dose de Astrazeneca poidan completar a pauta se o desexan.