CRTVG

Buscar

Preto de 500 manifestantes protestan contra o Rei fronte ao Palacio de Congresos

Publicado o 04/11/2019 17:27
Preto de 500 manifestantes protestan contra o Rei fronte ao Palacio de Congresos

Uns 500 manifestantes protestaron durante a tarde do luns contra o Rei fronte ao Palacio de Congresos de Cataluña, en Barcelona, onde se entregaron os premios da Fundación Princesa de Xirona, presididos pola familia real.   

Os asistentes lanzaban berros como "Fóra as forzas de ocupación" e "Fóra o Borbón", e levaban carteis coa imaxe do Rei boca abaixo e coroas riscadas. Os antidisturbios da Brigada Móbil (Brimo) dos Mossos d'Esquadra realizaron un cordón policial que corta a avenida Diagonal, ademais da presenza da Policía Nacional nos arredores do edificio. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí