CRTVG

Buscar

Preto de 300 mortos tras o paso do ciclón Idai en Mozambique

Publicado o 21/03/2019 19:33
Preto de 300 mortos tras o paso do ciclón Idai en Mozambique

Os equipos de rescate rescataron outros 92 cadáveres en Mozambique, o que eleva o número de falecidos polo paso do ciclón Idai a 294 neste país, cifras aínda provisionais. O total de falecidos polo ciclón, que arrasou aldeas e cidades de Mozambique, Zimbabue e Malaui, é de medio milleiro. Ademais, hai 2,8 millóns de persoas damnificadas pola catástrofe, unha das maiores sufridas polo continente africano. 

Noticias web

21/03/2019