CRTVG

Buscar

Preto de 300 familias participan dende a casa na conmemoración do Día da Lingua Materna

Publicado o 21/02/2021 18:16

No Día Internacional da Lingua materna a Xunta reivindica o uso do galego cun espéctaculo de música e contos tradicionais pensado para os cativos.
Foi na Cidade da Cultura, da man da compañía Baobab Teatro. Unhas 300 familias seguírono en directo dende a casa. "O que buscamos con Puño Puñeta é rescatar xogos e xoguetas co corpo enteiro." di Andrea Bayer, de Baobab Teatro.
Neste día Internacional da Lingua Materna a actuación da compañía Baobab Teatro na Cidade da Cultura chegou a unhas trescentas familias, que seguiron o espectáculo en directo dende as súas casas. Unha mestura de contos e música creada para facilitar a transmisión xeracional da lingua.
 "Son pedaciños de cancións que lle escoitamos á xente moi maior", apunta Andrea.
"Recoller este testemuño para seguir compartindo cos cativos e cativas pareceunos oportuno "apunta, David Gonzalez de Baobab Teatro. 
Promovida pola Unesco desde hai dúas décadas, esta data reinvindica a lingua na que aprendemos a nomear e coñecer o mundo e recoñece a importancia desta primeira lingua na educación dende os primeiros anos.
O Conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez,fai un chamamento "a seguir traballando, apostando, defendendo, sempre en liberdade, as nosas dúas linguas e fundamentalmente no día da lingua galega o galego como propia."
Menos da metade dos pais fálanlles aos fillos sempre en galego, segundo o Instituto Galego de Estatística.
"O galego ten que estar en todas partes e ten que estar. Os nenos non van dicir 'non quero falar o galego', se nós lle transmitimos cariño pola lingua, se nos lle trasmitimos que o galego mola, eles van ver que falar galego mola", asegura Esther Estévez, presentadora do "Dígoche eu".

Noticias web

21/02/2021