CRTVG

Buscar

Preto de 212.000 persoas solicitaron xa o ingreso mínimo vital

Publicado o 18/06/2020 14:55

Preto de 212.000 persoas solicitaron xa o ingreso mínimo vital á Seguridade Social. Son solicitudes presentadas nos tres primeiros días, desde o luns.

O dato deuno o ministro José Luis Escribá no Senado. Tamén confirmou que desde maio se recuperou case un terzo do emprego perdido polo coronavirus, fundamentalmente, entre os maiores de 50 anos. Máis difícil está sendo volver ao traballo para o colectivo entre de menos de 29 anos.

Noticias web

18/06/2020