CRTVG

Buscar

Presunta agresión machista a unha menor en Sevilla

Publicado o 19/06/2019 20:59

Unha chamada á policía onte á noite alertaba dunha moza cunha ferida na cabeza e abundante sangue. Hoxe, no concello sevillano de San Juan de Aznalfarache, no mesmo lugar onde se produciu a presunta agresión, contábanolo a propia vítima.

El é o seu ex-mozo, o presunto autor do golpe contra o escaparate desta tenda que deixou a moza de 15 anos con fracturas nos ósos do nariz, no pavillón auricular dereito e con lesións e contusións. A nai da menor, que lle pide á xustiza que se poña no seu lugar, asegura que non é a primeira vez que a súa filla sofre episodios de malos tratos por parte da sua ex-parella.

O suposto agresor foi detido pouco despois da agresión, logo dunha persecución de case 600 metros polos tellados de varias casas da localidade. Negouse a declarar na policía, rexeitou un avogado de oficio para contratar un pola súa conta, e está previsto que pase canto antes a disposición xudicial.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019