CRTVG

Buscar

O xuíz envía a prisión a tres dos detidos da banda latina Betas

Publicado o 11/10/2018 21:35

Prestaron declaración no xulgado catro dos seis detidos no operativo contra a banda latina xuvenil dos Betas. Fulanito de tal, cal é a súa situación procesal nestes momentos.

Catro deles pasaron polo xulgado para prestaren declaración e outros dous xa foran postos en liberdade no cuartel. Dos catro que declararon aquí, no xulgado número 4 de Vigo, tres terán que ingresar en prisión.  O xuíz considéraos responsables dun cento de roubos na área de Vigo, sobre todo na propia cidade, en Baiona e no Morrazo. Os tres ingresan en prisión provisional comunicada e sen fianza. Ao cuarto acusado que prestou declaración o xuíz déixao en liberdade pero con medidas cautelares: terá que comparecer ante o propio xuíz cada quince días. En total foron seis os detidos nesta operación na que están investigadas un total de quince persoas.

A Garda Civil detivo seis persoas na operación. Catro deses seis detidos no operativo contra a banda latina dos Betas prestaron declaración diante do titular do xulgado de instrución número catro de Vigo. Os outros dous quedaron en liberdade xa antes no propio cuartel, onde tamén declararon. Hai ademais 15 investigados. A Garda Civil da por desarticulada a banda. Atribúenlles preto de cen roubos con violencia en Pontevedra, de Cangas a Baiona.
A operación foi froito de dous anos de investigación.

A muller de vinte anos que quedou ferida mentres tentaba fuxir da redada continúa grave na UCI do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Non se teme pola súa vida. Non residía nesta vivenda, polo que inicialmente non estaba previsto detela aquí.
Ademais do rexistro practicado no número 33 da avenida da Florida, a Garda Civil entrou noutros dous domicilios en Vigo. Entre as persoas investigadas hai menores fuxidos de centros tutelados. A investigación xudicial é por pertenza a banda criminal que comezaba adquirir rol de banda dominicana.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018