CRTVG

Buscar

Préstamos sen xuros para que os concellos acometan obras de conservación e rehabilitación do patrimonio

Publicado o 14/06/2021 15:27

Xa está aberta unha nova convocatoria de axudas do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Pon a disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un Fondo de Cooperación para financiar actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído. Son préstamos sen xuros, a devolver en oito anos. 

Dende que se puxo en marcha este programa de cooperación en 2017, a consellería de Vivenda impulsou 36 proxectos en 25 concellos, cun importe de máis de sete millóns de euros. A conselleira, Ángeles Vázquez, anunciou que a convocatoria 2021 ten previsto un orzamento de case 4,5 millóns de euros. O prazo de solicitude está aberto ata o próximo un de outubro.




 

 

Noticias web

14/06/2021