CRTVG

Buscar

O Parlamento de Galicia garda un minuto de silencio como mostra de repulsa polo crime de Vilalba

Publicado o 22/07/2019 12:32
O Parlamento de Galicia garda un minuto de silencio como mostra de repulsa polo crime machista cometido onte en Vilalba (Lugo), onde un home asasinou presuntamente a súa muller e suicidouse.
Deputados de todos os grupos participaron neste acto, que encabezou o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, e ao que tamén se sumaron membros do persoal da Cámara, a Valedora do Pobo, Milagros Otero, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, en representación da Xunta.
Ao termo deste acto, Santalices trasladou, nunhas breves declaracións aos medios de comunicación, que casos como o de Vilalba xeran unha "dor profunda" a todos os membros do Lexislativo galego, e animou a sociedade a manter unha actitude vixiante "ante calquera comportamento que poida resultar sospeitoso de violencia machista".  

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019