CRTVG

Buscar

O presidente asturiano pon a Galicia como exemplo na xestión da pandemia

Publicado o 30/09/2020 08:08

Ao igual que Asturias, Galicia e outras comunidades están dando exemplo.

Pero a incidencia do virus na comunidade veciña disparouse nos últimos dias. Hoxe está nos 121 casos por cada 100.000 habitantes. En Galicia nos 111. Unha tendencia a baixa que toman como exemplo no Principado.

"Hai tres comunidades con mellor evolucion epidemiolóxica, Galicia, Canarias e Valencia. A sua evolucion é unha mensaxe de esperanza, eles tiñan peor situación e adoptando medidas conseguiron dobregar a curva", manifestaba Adrián Barbón, presidente do Principado de Asturias.

Unha idea que apoian na rúa

 "Si está facendo as cousas ben, seguir o exemplo"

As claves: detección precoz e medidas restritivas ante os gromos.

 "Facer restricións senon imos mal": "Na miña zona tiñan que facer máis, ainda hai botellóns"

A un e o outro lado da fronteira son moitos os que conviven coas medidas de cada comunidade.

 "Teño a miña nai nunha residencia en Ribadeo, tedes todo controlado e avisando de todo"
 

Noticias web

30/09/2020