CRTVG

Buscar

Presenza galega notable no Guimadance en Portugal

Publicado o 06/02/2019 17:21

O festival de danza contemporánea máis importante do norte de Portugal, o Guidance, comeza mañá en Guimaraes. Bailaríns de todo o mundo e os nomes máis coñecidos desta arte en Portugal presentarán as súas propostas. A Televisión de Galicia estivo nos ensaios.

No medio dos ensaios do Guidance atopámonos cunha sorpresa vida dende Galicia. Ángela Díaz, de Sarria. Ela é unha das figuras principais da peza máis esperada do Guidance: Drama, de Víctor Hugo Pontes. Baseada en Seis personaxes en busca de autor. .

Guidance naceu hai nove anos en plena crise económica. Unha puntada máis na costura de tantas expresións culturais que florecen en tempos difíciles. O Guidance medra apoiado no compromiso coa danza contemporánea. Non é a unha das artes de máis público por iso reclaman a expresión de diversidade onde encontraremos mundos que só podemos entender ao ver o corpo en movemento.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/02/2019