CRTVG

Buscar

Preséntase o software Primefish para a información global sobre o consumo e a venda de peixe

Publicado o 30/01/2019 15:21

Hoxe presentouse en Vigo Primefish, un software que achega información global sobre o consumo, a venda de peixe e as preferencias dos consumidores. Na súa creación participaron grandes empresas do sector como Nueva Pescanova e Isidro de la Cal. Todas salientan a importancia de coñecer os peixes e as presentacións máis demandadas pola sociedade.

Cal é o seu peixe favorito? Canto está disposto a pagar? Fresco ou conxelado? Enteiro ou por pezas? Os investigadores do proxecto europeo Primefish preguntaron a miles de consumidores e obtiveron datos de gran valor para as industrias do sector, que poderán atinar cos gustos do seu mercado facendo clic nesta ferramenta informática.

O perfil maioritario en España é o dunha muller que prefire peixe fresco e pouco procesado. Cómprao por saúde e pregunta pola súa orixe. Das sete especies que se estudaron a robaliza é a favorita. Pero a idea é ir incorporando datos doutras especies de interese máis local.

Esta información é poder para as empresas, pero tamén para os gobernos, que poderán orientar as súas políticas para o fomento do consumo dos produtos do mar.









 

Noticias web

30/01/2019