CRTVG

Buscar

Preséntase o 'hub' de innovación tecnolóxica, un foro de intercambio de información entre distintas industrias

Publicado o 12/12/2019 14:03

As empresas que busquen mellorar a produtividade ou modernizarse poden dirixirse ao hub de innovación tecnolóxica, que se presentou hoxe en Vigo. As distintas industrias comparten alí os seus proxectos e colaboran. Cada socio pon o mellor que ten ao servizo dos demais.

Trátase de discutir na mesma mesa sobre problemas comúns, sectores moi dispares. Por exemplo téxtil e aeronáutica.

Co apoio, ademais, de centros de coñecemento como as universidades. O principal obxectivo é que as industrias sexan máis produtivas pero tamén atraer para Galicia máis fondos europeos de innovación e novos investimentos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/12/2019