CRTVG

Buscar

Preséntase o FEST 2019, que vai arrancar o 2 de xuño

Publicado o 19/06/2019 14:04

Unha marca de colaboración público-privada para a promoción dos festivais en Galicia.

O FEST 2019 arranca este xuño con 2 festivais adheridos: Cantos na Maré e Caudal Fest. No obxectivo dos organizadores, a promoción do turismo musical.

Dentro do FEST atópanse festivais tan senlleiros como o Atlantic Fest, o Festival da Luz, o Resurrection ou o da Ribeira Sacra, que chegan ata 12.

Renóvanse este ano as campañas de sensibilización contra a violencia machista baseadas na difusión de material informativo.

Súmaselle o que os organizadores cualificaron de compromiso medioambiental a través da instalación de contedores para a separación de residuos.

Segundo fontes da organización, para o coñecemento do idioma galego haberá un concurso onde se agasallarán camisolas e outros obsequios, ademais dunha ruleta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019