CRTVG

Buscar

Preséntase 'O que arde', o primeiro filme en galego que compite no Festival de Cannes

Publicado o 22/05/2019 18:49

O cinema galego está a vivir hoxe un fito histórico no Festival de Cannes. O filme O que arde, dirixido por Oliver Laxe e producido pola Televisión de Galicia, xa tivo a súa presentación dentro da sección Unha certa ollada. É o primeiro filme en galego que alí compite, e estivemos co equipo do filme.

Na Croissete, o espazo onde aparecen moitos dos mitos cinematográficos dos que temos constancia. Máis aló de Hollywood, este é o espazo onde máis repercusión internacional podes ter cun filme. Oliver Laxe e o seu equipo xa saben a estas horas cal é a primeira reacción do público e, polo visto, teñen entre mans un bo filme.

As imaxes da mañá, tan icónicas coma as que agocha o propio filme, teñen o equipo de O que arde como protagonistas. O talento galego agromando logo de anos de traballo. Cinema galego para a representación e a construción dunha identidade propia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019