CRTVG

Buscar

David Cierco: "O 5G sitúa Galicia na vangarda europea e tamén mundial"

Publicado o 10/09/2019 11:20

Galicia é unha das dúas comunidades seleccionadas para desenvolver un proxecto piloto 5G. Presentouse esta mañá no MARCO de Vigo.

David Cierco Jiménez de Parga, director xeral da entidade pública Red.es, explica no Bos días en que consiste este proxecto piloto, que se vai poñer en marcha en Galicia e Andalucía.

"O 5G vai poñer ao servizo da cidadanía produtos e servizos que melloren a súa vida en todos os ámbitos; no ámbito personal, profesional e do ocio. É moito máis aló dun sistema de comunicación, é un sistema que vai permitir realizar diagnósticos médicos a distancia, supervisar as vías de ferrocarril con drons desde a distancia, mellorar a cobertura nas zonas rurais con tecnoloxía sen fíos. Permitirá que nas zonas rurais se acceda a Internet á mesma velocidade que coa fibra. Por exemplo, poderíase acceder a televisión a demanda que agora non se pode".

"En Galicia estamos facendo a primeira presentación destes pilotos, e así sitúase a vangarda de España, tamén europea e por qué non decilo, tamén mundial".

"En Galicia faranse oito pilotos dos que se van beneficiar as catro provincias. Son oito casos de uso que van ir desde o consumo de televisión, empresariais, industriais, por exemplo, con Navantia; vaise probar tamén en infraestruturas críticas en portos, túneles, un coche conectado en Galicia e mellorar a cobertura nas zonas rurais".

"Temos 24 meses para ver coches conectados polas estradas galegas, drons polas vías férreas, operarios de Navantia reparando barcos con asistencia remota, é dicir: imos situar Galicia nos próximos 24 meses no futuro".










 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019