CRTVG

Buscar

Preséntase en Santiago o proxecto 'Comercio con Talento' para alumnos de FP

Publicado o 07/05/2018 21:25

Fomentar o emprendemento e a innovación no ámbito comercial nos alumnos de FP é o obxectivo da campaña 'Comercio con Talento' que se presentou nun instituto de Santiago. Este proxecto, que se desenvolverá en comercios reais, suporá unha primeira toma de contacto dos alumnos co mundo laboral para o que se están a preparar.

O programa 'Comercio con Talento' pretende facer unha interconexión entre o sector comercial e a formación que están a facer os rapaces do ciclo de FP de comercio. E unha primeira toma de contacto dos alumnos co sector do mundo laboral para o que se están a preparar, con vistas á xestión de espazos comerciais, loxística ou mercadotecnia.

"O que lles propoñemos aos rapaces que están a estudar estes ciclos de comercio e que fagan de olladores, de cazatalentos nas rúas e que nos propoñan cales son os comercios con talento na súa vila, na súa cidade", afirma a directora xeral de Comercio e Consumo.

Os rapaces deberán facer un traballo posterior, co que tamén serán o xurado de cales cren que son os 10 comercios con máis talento de Galicia. A campaña 'Comercio con Talento', xa leva catro anos desenvolvéndose coa iniciativa da Xunta e nela poden participar institutos de FP de toda Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2018