CRTVG

Buscar

Preséntase a serie de ficción 'Tres camiños', sobre a Ruta Xacobea

Publicado o 25/06/2019 16:07

A praza do Obradoiro acolleu a presentación do proxecto da serie de ficción Tres camiños, subvencionado pola Xunta de Galicia coa intención de fomentar e difundir o fenómeno xacobeo e o Camiño de Santiago. Estrearase no Ano Santo do 2021.

Tres caminos conta cun presuposto de 1,5 millóns de euros concedidos pola Consellería de Cultura e Turismo para obras audiovisuais que fomenten Galicia e o Camiño de Santiago no exterior.

Esta ficción constará de 6 capítulos de 50', está producida por Ficción Producciones e dirixida polo ourensán Norberto López Amado.

A serie verase na plataforma de Amazon nos comezos do Ano Santo do 2021.

Noticias web

25/06/2019