CRTVG

Buscar

Preséntase a plataforma Saúde e Enerxía da OMS, co apoio da raíña Letizia

Publicado o 21/05/2019 19:50
Preséntase a plataforma Saúde e Enerxía da OMS, co apoio da raíña Letizia

A raíña Letizia asistiu en Xenebra á presentación da Plataforma Saúde e Enerxía da Organización Mundial da Saúde.

A contaminación do aire mata cada ano no mundo sete millóns de persoas. A plataforma nace co obxectivo de financiar proxectos de enerxías renovables enfocados a cuestións sanitarias.

A raíña interesouse especialmente pola cámara de illamento en que os médicos da República Democrática do Congo tratan os enfermos da epidemia de ébola que padece o país.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019