CRTVG

Buscar

A nova OPE de Educación oferta 1.110 prazas de secundaria e 770 para mestres

Publicado o 22/01/2019 18:15

• O obxectivo é seguir diminuíndo a taxa de interinidade dos corpos docentes, que xa é a máis baixa de todo o Estado

A oferta pública de emprego de Educación será de 2.064 prazas, a máis alta dos últimos dez anos. A mesa sectorial do ensino non universitario analizou hoxe a oferta pública de emprego. O obxectivo, seguir diminuíndo a taxa de interinidade dos corpos docentes, que xa é a máis baixa de todo o Estado.

A OPE de Educación convoca 2.064 prazas, a máis alta dos últimos dez anos. Desas, mil cento dez serán para profesores de ensino secundario e 770 para mestres. Tamén se convocan prazas para Formación Profesional, escolas oficiais de idiomas e música e artes escénicas. Educación primaria e educación infantil serán as áreas máis reforzadas.

A mesa sectorial do ensino non universitario analizou hoxe a oferta pública de emprego. O obxectivo, seguir diminuíndo a taxa de interinidade dos corpos docentes, que xa é a máis baixa de todo o Estado.

- Mestres: 770

- Ensino secundario: 1.110

- Formación Profesional: 138

- Escolas oficiais de idiomas: 30

- Música e artes escénicas: 16

A oferta pública de emprego no ensino non universitario galego para este ano 2019 será de 2.064 prazas, a máis alta dos últimos dez anos. 770 prazas serán para mestres, 1.110 para docentes de ensino secundario, 138 para profesores de Formación Profesional, 30 para as escolas oficiais de idiomas e 16 para música e artes escénicas. 

A Consellería de Educación convoca prazas en 35 especialidades distintas. Educación primaria, educación infantil, pedagoxía terapéutica e matemáticas de secundaria son as especialidades con máis prazas e por primeira vez convócanse prazas na especialidade de portugués.

Comisión Obreiras considera que é unha oferta moi boa pola elevada taxa de reposición, mentres que a CIG pensa que prexudica as interinaxes. Os exames comezarán a finais do mes de xuño.

Noticias web

22/01/2019