CRTVG

Buscar

Presentaran un Plan Nacional para Xacobeo 2021-22 en FITUR

Publicado o 13/05/2021 15:11

O Xacobeo 2021-2022 será un dos grandes reclamos de FITUR. A partir do mércores que vén, a Feira de Turismo recupera o formato clásico de 4 días en IFEMA e continuará durante un mes nunha plataforma virtual. Na presentación de actividades esta mañá, a ministra de Turismo destacou o potencial dos camiños de Santiago, máis agora que van contar cun novo plan nacional de actuación conxunta.

Reyes Maroto Ministra de Industria, Comercio e Turismo: "E como novidade presentaremos o Plan Nacional del Xacobeo 2021-2022, un plan no que estamos traballando con dez comunidades autónomas e que supón tamén un sinal de identidade para España unir os Camiños de Santiago nun plan nacional"

Noticias web

13/05/2021