CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Preséntanse en Bos Aires dous libros sobre emigración galega

Publicado o 27/09/2015 14:56

A emigración ligada á literatura é un binomio que sempre funciona. E así dun xeito biográfico Bos Aires acolleu a presentacion de dous libros, nos que os protagonistas son aqueles emigrantes galegos que na década dos 50 marcharon a Arxentina en busca dunha oportunidade.

Fame, política, historias familiares, aventura... son algúns dos alicientes destas obras cargadas de identidade galega que se presentan con forma de novela autobiográfica.

"Últimas miradas antes de partir", de Milagros Díaz, conta a dobre experiencia dunha cativa da Galicia rural no Val Miñor tras a guerra e as súas vivenzas como militante política no Bos Aires dos 70.

A escritora, Milagros Díaz, afirma: "una historia de vida, pero una historia de lucha porque todo el tiempo está la joven también comprometida políticamente, y también se une con la historia del abuelo que también había tenido su historia en el franquismo y estuvieron a punto de fusilarlo".

María García, de Cambre, gañou no 2010 o premio Ramón Rubial grazas a este "Estuvimos cantando", por contar dende os ollos e a inocencia dunha nena, episodios de máxima dureza, pero tamén a forma de respirar do pobo galego.

"Este eco de las voces y las risas, y las maneras de caminar y las maneras de contestar, es mi eco", di a escritora, María García.

Ambos relatos son unha boa mostra de como a historia dun país marca o destino de milleiros de familias.

María e Milagros reflexan, cun estilo coidado e con moito corazón, parta da historia de cantos se cruzaron coa emigración hai case un século. Dende as causas e dificultades da viaxe ata a súa integración na Arxentina.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí