CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Presentan unha plataforma para subministrar enerxía verde aos barcos amarrados a porto

Publicado o 10/02/2015 15:22



A que van ver agora é unha iniciativa 100 por cento galega. É unha plataforma que lles permite aos barcos reducir á metade o seu consumo enerxético, e ademais consegue diminuír as emisións contaminantes. Xa se está probando no porto de Vigo.

O oceanográfico Sarmiento de Gamboa é o primeiro banco de probas do proxeto Green Port Energy, un contedor móbil dotado cun depósito de Gas Natural, motor e baterías capaz de subministrar enerxía verde aos barcos. Conectados a esta plataforma, as embarcacións poderán apagar os seus motores cando estean amarradas a porto e aforrar custos por partida dobre: económicos e ambientais.

"Non produce emisións, nin de xofre, nin de nitróxeno, nin de CO2, ou sexa que non produce pegada de carbono e mellora a calidade do aire, e a outra, que reduce o consumo un 50-60%, polo que os custos son máis baratos para o barco", afirma o responsable de Medio Ambiente do Porto de Vigo.

Todas as empresas do Porto de Vigo e mailas administracións e universidades galegas participan no consorcio subvencionado con 2 millóns de euros do Programa Innterconecta da Xunta de Galicia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí