CRTVG

Buscar

Presentan unha moción de censura en Malpica para facer alcalde o popular Eduardo Parga

Publicado o 19/08/2021 12:58
Presentan unha moción de censura en Malpica para facer alcalde o popular Eduardo Parga

Moción de censura en Malpica contra o Goberno de Walter Pardo, alcalde do PSdeG que goberna en colaición co BNG. Está impulsada por seis concelleiros do PP e un edil non adscrito, electo por Ciudadanos, Alfredo Cañizo, que abandonou o executivo local a semana pasada.

A previsión é que o pleno se celebre dentro de quince días e o candidato a alcalde sería o popular Eduardo Parga. Di que fan a moción por obriga, para mirar por Malpica, como partido máis votado.

No PSOE falan de pacto da vergoña e acúsanos de actuar por intereses persoais.

 

Noticias web

19/08/2021

Máis sobre Malpica de Bergantiños