CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Presentan unha lente de contacto que pode frear o avance da miopía

Publicado o 07/03/2016 15:00

É unha lente de contacto, aparentemente igual ca calquera outra, pero cunha cualidade innovadora: é capaz de frear a progresión da miopía. Presentouse hoxe en Cataluña, e pode resultar de grande efectividade na poboación adolescente, fase en que a miopía avanza máis axiña.

Cando unha persoa miope emprega unha lente de contacto, a imaxe periférica queda desenfocada. Isto, a longo prazo, provoca que a miopía vaia aumentando. Agora, unhas novas lentes poden frear este avance, porque cobren a visión lateral.

As novas lentes demostraron a súa efectividade nun estudo sobre 100 pacientes.
A patente foi desenvolvida no centro médico Teknon e na facultade de Óptica e Optometría de Terrassa, en Cataluña.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí