CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Presentan unha curtametraxe rodada por adolescentes que loitan por superar o cancro

Publicado o 02/10/2017 15:33

'Cumplevidas' é un acontecemento especial para os transplantados. É a celebración de cada ano do transplante. É tamén unha curtametraxe protagonizada por doce adolescentes enfermos de cancro baseado en historias e emocións reais.

'Cumplevidas' é o final do traxecto. Unha aventura que durou un ano en que pouco a pouco foron descubrindo os segredos do cine

A diversión converteuse durante este tempo na mellor terapia. A enfermidade deixou de ser para todos eles un tabú.

O cine converteuse para estes rapaces nun vehiculo emocional. Na oportunidade para deixar a un lado a enfermidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí