CRTVG

Buscar

Presentan un ron "de batea" elaborado con auga das illas Cíes

Publicado o 07/08/2019 17:35

Hoxe presentouse un ron feito en Galicia. Para producilo, os seus creadores inspiráronse no derradeiro pirata de Europa, que era de Pontevedra. E, para facer máis nosa esta bebida, engadíronlle un ingrediente que sorprende.

Din que é un ron de batea, e para crealo baseáronse na vida e costumes de certo personaxe pontevedrés. E os creadores deste ron comezaron a investigación por unha pregunta: como sería o ron que bebían no seu barco?

Burla Negra chamábase aquel bergantín. E o ron daquel barco pirata sabía, literalmente, a mar.

E se a mercadoría era ron, navegando ese ron absorbía o sabor a mar que quedara prendido na barrica. Por iso, a auga mariña é aquí un ingrediente que sorprende e dá carácter, carácter galego.

E do Caribe, a Galicia, onde o poñen a envellecer durante 24 mareas, 24 mareas vivas, un ano en barrica de carballo francés. E despois toca engadirlle esa auga de mar das Rías Baixas. Ingredientes para esta mestura que galeguiza o ron, bebida atlántica. Peculiar maneira de que o mar nos entre pola boca.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/08/2019