CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Presentan un plan para previr a cegueira

Publicado o 27/10/2014 15:05



En Galicia, a idade, a diabetes e o tabaco son os factores de risco das enfermidades da vista máis importantes. Doenzas coma o glaucoma poden acabar provocando a perda total da visión. Evitalo é o principal obxectivo do Plan de Prevención da Cegueira.

Segundo a previsión do INE, no 2020 Galicia contará con máis de 650.000 maiores de 65 anos. Isto implica unha maior prevalencia na nosa poboación de problemas visuais importantes, como a dexeneración macular asociada a idade, a retinopatía diabética ou o glaucoma.

Por iso autoridades sanitarias e sociedas medicas deseñaron o Plan de Prevención da Cegueira en Galicia, con cinco liñas de actuación. Unha delas é a formación dos profesionais da atención primaria, xa que é nesta consulta onde se debe realizar o diagnóstico máis precoz. Informar a poboación e outro obxectivo prioritario.
Por iso a Fundacion Retinaplus elaborou folletos informativos para distribuilos nas farmacias ou nos centros de saúde.
En Galicia hai máis de 56.000 persoas con retinopatía diabética, e máis de 58.000 con glaucoma. O plan presentado hoxe fixa como obxectivo para o 2020 diminuír nun 20% o número de casos de cegueira evitables.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí