CRTVG

Buscar

Presentan o proxecto iWork para a integración laboral das persoas con diversidade funcional

Publicado o 09/01/2019 17:24

Hoxe, a asociación Anbar presentou en Ribeira o seu proxecto iWork. A idea non é nova: conseguir a integración laboral das persoas con diversidade funcional. O innovador é a maneira.

Presentan na Barbanza o proxecto iWork. A diversidade funcional na empresa. Máis de 50 empresas da comarca da Barbanza acudiron á presentación do proxecto iWork. A partir de hoxe, se o desexan, recibirán asesoramento gratuíto durante un ano, para saber de que maneira poden facilitar a integración laboral das persoas con diversidade funcional.

O obxectivo final é que as empresas non vexan esta integración laboral como unha obriga, ou un incentivo para conseguir beneficios, senón como a oportunidade de descubrir os talentos e competencias das persoas con diversidade funcional.





 

Noticias web

09/01/2019