CRTVG

Buscar

Presentan o prototipo dun barco galego complétamente eléctrico

Publicado o 27/10/2018 16:47

Un barco cen por cento eléctrico, accesible e que se pode pilotar sen título.
Estas son as tres caracterísitcas básicas dun prototipo que acaba de facer realidade un compostelán que, dende pequeno soñaba con ser enxeñeiro naval e con construír o seu barco.

Cumpríronselle ambos os soños. É un emprendedor. Este enxeñeiro naval deixou o seu traballo, alugou unha nave e, partindo de certo, en nove meses, construiu este barco. Trátase da primeira iniciativa en Galicia dun barco eléctrico orientado a un turismo sostible e accesible.
Iniciativas coma esta marcan o camiño e axudan a que o home comece a saldar a súa débeda co medio, coa natureza, co mar.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/10/2018