CRTVG

Buscar

A Xunta ofrece novas axudas para o alugueiro e o pequeno comercio galego

Publicado o 15/05/2020 15:13

A Xunta anuncia que pon en marcha tres liñas de axudas do plan para acompañar os comercios, autónomos ou pequenas empresas, aos que o coronavirus obriga a tirar das novas tecnoloxías. O plan inclúe apoios para estender o teletraballo, aplicacións para controlar a ocupación dos negocios, proxectos de dixitalización para salóns de peiteado ou hostalaría ou axudas para innovar no comercio de proximidade.

Alberto Núñez Feijóo tamén avanzou que os beneficiarios do bono de alugueiro social non terán que aboar nada pola renda da súa vivenda no que queda de ano. A Xunta cofinanciará co Goberno axudas de ata 500 euros para alugueiro, dirixidas a persoas que estean en situación de vulnerabilidade por mor da COVID-19.

Noticias web

15/05/2020