CRTVG

Buscar

Presentan no aeródromo de Rozas o dron Milano

Publicado o 22/09/2021 21:24

Hoxe presentouse no aeródromo de Rozas o dron Milano. Este sistema aéreo non tripulado é o proxecto de maior tamaño impulsado pola industria de defensa e pola civil española. Pesa máis de 900 quilos e pode alcanzar unha velocidade de 250 quilómetros por hora.

O Milano foi desenvolvido polo INTA, o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial que depende do Ministerio de Defensa. O vicepresidente segundo da Xunta, que estivo na presentación, destacou que a colaboración co INTA permitirá consolidar tecido industrial e crear emprego cualificado arredor do polo aeroespacial de Rozas.

Noticias web

22/09/2021